Recomenda trimly a outro negocio coma o teu

Cando o negocio que recomendas atenda a primeira reserva en liña dun cliente, regalámosvos 100 créditos de WhatsApp a cada un.

Onde está a miña ligazón?

No teu panel de trimly, en Rendemento: a tarxeta «Recomenda trimly» está xusto debaixo dos teus ingresos, coa túa ligazón e o botón de WhatsApp.

Como funciona

  1. Pásalle a túa ligazón por WhatsApp a outro profesional.

  2. Dáse de alta desde a túa ligazón e monta o seu negocio en trimly.

  3. Cando atenda a primeira reserva en liña dun cliente, sumámosvos 100 créditos de WhatsApp a cada un.

Os créditos chegan cando xa pasou a primeira cita que un cliente reservou en liña no negocio recomendado. Darse de alta non conta, e as citas que anota o propio negocio tampouco. 100 créditos para cada un, unha soa vez por negocio recomendado. Se nun mes recomendas máis de 10 negocios, o resto chega o mes seguinte.